xoves, 4 de setembro de 2014

Curso 2014-2015

Bo día, clase!!

Algúns de vós xa saberedes que este ano estarei no CEIP de Tarrío, pero tanto se o sabiades como se non, veño a traervos o enlace ao novo blog, o blog de cuarto! A vosa mestra xa está a traballar e a preparar as cousas para cando cheguedes, e pediume que vos dese este enlace para que xa poidades seguir as súas novas dende o principio. Seica xa tedes algo por alí para ir vendo que materiais ides precisar, así que veña, a traballar!!

Moita sorte neste novo curso, clase!! Seguro que nos volvemos a ver pronto!! A por cuarto!!!


0 comentarios:

Publicar un comentario

 

(c)2009 Xogo e aprendo. Based in Wordpress by wpthemesfree Created by Templates for Blogger